miércoles, 10 de marzo de 2010

Camiñan descazas polas rochas



El viernes pasado se presentó el libro de Amnistia Internacional en el que colaboro con otras ilustradoras y escritoras. Esta es mi aportación ilustrando un relato de Rosa Aneiros. Os dejo la noticia publicada por El Correo Gallego y un enlace con todas las ilustraciones participantes. En cuanto tenga el libro en mis manos ya os mostrare foticos.

"Once escritoras e dez ilustradoras colaboran en Camiñan descalzas polas rochas, o libro que Amnistía Internacional (AI) e Tris Tram presentaron onte no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia en Lugo. Os beneficios que se obteñan coa venda do libro destinaranse integramente ao traballo que o grupo de Lugo de AI realiza a prol dos dereitos humanos.

A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflitos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos de Camiñan descalzas polas rochas, un volume co que AI quere resaltar a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres, cuxa raíz é a discriminación, pero á vez, quere destacar tamén o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos.

O poema de Ana Romaní Camiñan descalzas polas rochas -incluído no poemario Das últimas mareas (Ed. Espiral Maior)- dálle título ao libro e está acompañado na cuberta por unha ilustración de Noemí López. O volume conta tamén cos versos de Yolanda Castaño -que cedeu o poema Contos de Fadas, do poemario Profundidade de campo (Espiral Maior) para acompañar unha ilustración de Rebeca López- e máis cos relatos Se eu podesse desamar a quen me sempre desamou, de Rosa Aneiros, acompañado pola ilustración de Nuria Díaz; Paciencia, de Paula Carballeira, ilustrado por Noemí López; O silencio do sábado pola tarde, de Anxos Sumai, ilustrado por Almudena Aparicio; Monta na vida, de Carmen Blanco, ilustrado por Ánxeles Rodríguez Ferrer; A carne da serea, de Marilar Aleixandre, con ilustración de Marina Seoane; A esencia da cidade, de María Reimóndez, con ilustración de María Lires; Son apariencias, de Helena Villar Janeiro, con ilustración de Car (Carmela González); Só hai que facerlles café, de Ana Expósito, ilustrado por Ana Pillado; e Soliloquio desde o alén, de Marica Campo e ilustrado por Aurora López , todos eles relatos e ilustracións que as autoras crearon para a ocasión."

Ilustraciones:
http://www.flickr.com/photos/emereci/sets/72157623558599914/


2 comentarios:

RuAn dijo...

Fantastico, enhorabuena preciosa. un bicazo y a seguir triunfando. Saúdos

Marga dijo...

Enhorabuena por tu participación.

Saludos